Asociaciondeportiva.C.A.R
  Asociación Deportiva C.A.R
 







Benvido á páxina da Asociación Deportiva C.A.R (equipo de atletismo Redondela), un espazo que pretende ser o punto de encontro de todos os amantes do atletismo afeccionado.

A Asociación Deportiva C.A.R. (Clube Atletismo Redondela) nace do espírito emprendedor dun grupo de xoves co obxectivo de fomentar o deporte en xeral e o running.

Con esta ideoloxía a asociación participará e implicarase activamente en tódolos eventos que permitan aumentala práctica de deporte entre as persoas de tódalas idades
en particular.

.Á súa vez o Club conta nestes momentos cun total aproximado de 70 socios de diversas idades pero todos cun mesmo fin: CORRER!.

O Club dispón dunha gran variedade de atletas que realizan probas de todo tipo: pista, cross, carreiras de montaña, carreiras en ruta e triatlon.


O club ten nas súas filas a máis de 45 nenas/os en idades comprendidas dende os 5 anos en diante.
Ofrecemos as máximas garantías para que tanto o alumno coma os pais estean contentos e se sintan cómodos practicando un deporte tan apaixonante como é o atletismo


 

Asociación Deportiva C.A.R   rua Adro nº 32  36800  Redondela.


C.I.F  G94062981        car.redondela@gmail.com    Facebok


 
 Dende a Asociación Deportiva C.A.R ,anuciamos que, este ano incorporamos ao noso club novas seccións, Ciclismo en ruta, ciclocross e Btt. Si estas interesado pódesche poñer en conctato connosco en Zapateria Deportiva Susuela ( rúa Adro nº 32) Redondela.                                                                                                




 
   
 
=> ¿Desea una página web gratis? Pues, haz clic aquí! <=