Asociaciondeportiva.C.A.R
  Normas e Pautas do curso 2014-2015
 



 




Coa intención de acadar o mellor funcionamento e entendemento da actividade de atletismo,facemosvos chegar algunha información referente ó seu desenvolvemento.
Pautas para pais e nais:
Como material obrigatorio é preciso que os nenos/as acudan vestidos con roupa deportiva e cómoda. Así mesmo traerán nunha bolsa ou mochila aparte o calzado deportivo que usarán únicamente durante a actividade (evitando manchar o pavillón se é o caso, ir cos pes mollados no inverno ou o uso dun zapato inadecuado).
Cada neno traerá da casa unha botella de auga (ou bidón de hidratación) co seu nome, (é preciso hidratarse durante o exercicio e non temos por qué despistarnos ou perder tempo con saídas e entradas na clase).
Debemos procurar que os alumnos estén 10 minutos antes do inicio da actividade, para que poidan irse preparando previamente. Chegada a hora os papás e mamás marcharán ata a hora en que se establece o fin da clase, momento no cal tamén rogamos puntualidade.
Normas para os alumnos:
Unha vez que chegamos, colocaremos chaquetas e mochilas no sitio correspondente e nos poñemos o calzado deportivo. Nos iremos colocando sentados nun círculo mentres chegan e se preparan os demáis compañeiros, esperando as primeiras indicacións de Noite, a nosa profe de atletismo.
Estaremos moi atentos ás indicacións da profesora e teremos que obedecer no que nos diga ela ou a persoa que a esté axudando.
Ó longo da clase haberá momentos para xogar, pero non se estamos a facer algún exercicio ou traballo.
Se precisamos ir ó baño pediremos permiso antes.
Mostraremos respeto hacia ós nosos compañeiros, dandolles apoio e ánimandoos cando o precisen.
Obxetivos xerais do curso:
Coñecer e valorar o noso corpo e a actividade física como medio de exploración e disfrute, de relación cos demáis e aproveitamento do tempo libre.
Desenrolar as capacidades motrices, cogntivas a través do xogo, exercicios aplicados e actividades atléticas que se levarán a cabo.
Aprender o valor da disciplina, da recompensa tralo esforzo e o afán de superarse a un mesmo ó tempo que se promove o respeto polos demáis e o compañerismo.
Obxetivos específicos da actividade de atletismo:
Aprender diferentes modalidades do atletismo mediante xogos e exercicios de iniciación e técnica.


 
   
 
=> ¿Desea una página web gratis? Pues, haz clic aquí! <=