Asociaciondeportiva.C.A.R
  Escola Deportiva C.A.R
 


O obxectivo principal da Escola é potenciar o atletismo de base mediante a súa introdución, iniciación, perfeccionamento e promoción entre os nenos e nenas, utilizando o deporte como ferramenta de formación e educación.

Todos os nosos atletas están mutualizados no deporte escolar, co seu correspondente seguro deportivo. Así mesmo, todos os atletas posúen ficha federada da Federación Galega de Atletismo.

O Club conta cunha Licenciado de Educación Física, que  reparten os nenos en diferentes grupos de adestramento. Noite Fernandez Guardiola

 

Cuso de Atletismo 2017/18

A Asociación Deportiva C.A.R, do mesmo xeito que en pasadas tempadas, pon a disposición de todos aqueles interesados a ESCOLA DE ATLETISMO do Club,de 5 a 16 anos, cuxa finalidade é a de potenciar o atletismo de base mediante a súa introdución, iniciación, perfeccionamiento e promoción entre os nenos e novos, utilizando o deporte como ferramenta de formación e educación.

Para proceder á matriculación das/os alumnos na Escola, deberá cubrirse na súa totalidade un Boletín de Inscripción, no que se reflectirán os datos persoais do alumno, así como unha autorización por parte dos pais ou titores. Será obligatoria a presentación dunha fotocopia do D.N.I e unha fotografía tamaño carnet actualizada (novos)

 

Os grupos que se establecen para o presente curso 2017/2018 son os seguintes:
Prebenjamines (2011 e posteriores)
Infantís (2005 e 2006)
Benjamines (2009 e 2010)
Cadetes (2003 e 2004)
Alevines (2007 e 2008)
Xuvenís (2001 e 2002)

Mas información na Zapateria Deportiva Susuela ( Adro nº 32) Redondela en horario comercial,o na dirección de correo car.redondela@gmail.com.


 
   
 
=> ¿Desea una página web gratis? Pues, haz clic aquí! <=