Benvido á páxina da Asociación Deportiva C.A.R (equipo de atletismo Redondela), un espazo que pretende ser o punto de encontro de todos os amantes do atletismo afeccionado.
A Asociación Deportiva C.A.R. (Clube Atletismo Redondela) nace do espírito emprendedor dun grupo de xoves co obxectivo de fomentar o deporte en xeral e o running.
Con esta ideoloxía a asociación participará e implicarase activamente en tódolos eventos que permitan aumentala práctica de deporte entre as persoas de tódalas idades en particular.
O Club dispón dunha gran variedade de atletas que realizan probas de todo tipo: pista, cross, carreiras de montaña, carreiras en ruta .
O club ten nas súas filas a máis de 60 nenas/os en idades comprendidas dende os 6 anos en diante.
Ofrecemos as máximas garantías para que tanto o alumno coma os pais estean contentos e se sintan cómodos practicando un deporte tan apaixonante como é o atletismo
Asociación Deportiva C.A.R Redondela.
CIF G94062981 car.redondela@gmail.com
.
|